Saltar ao contido

Lincoln Calibration Sphere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «LCS»)

Lincoln Calibration Sphere ou LCS foron unha serie de satélites artificiais pasivos dos Estados Unidos usados como obxectivos para a calibración de radares terrestres.[1][2][1]

Características

[editar | editar a fonte]

Os satélites LCS eran esferas hocas de aluminio cunha sección precisa para servir como obxectivo para a calibración de radares terrestres. Eran construídos por Rohr Corp. para o Laboratorio Lincoln, de onde lles ven o nome. Tiñan un diámetro de 1,12 m e un espesor de 3,2 mm, cunha masa duns 34 kg. Lanzáronse catro LCS entre 1965 e 1971, dos cales dous non chegaron a órbita por problemas nos foguetes lanzadores. Os dous que aínda están en órbita utilízanse aínda con fins de calibración.[2][1]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
LCS 1 6 de maio de 1965 Titan 3A Éxito
LCS 2 15 de outubro de 1965 Titan 3C Fallo
LCS 3 16 de agosto de 1968 Atlas SLV-3 Fallo
LCS 4 7 de agosto de 1971 Atlas F Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "LCS" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "LCS 1, 2, 3, 4" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]