Lincoln Calibration Sphere
Aparencia
Lincoln Calibration Sphere ou LCS foron unha serie de satélites artificiais pasivos dos Estados Unidos usados como obxectivos para a calibración de radares terrestres.[1][2][1]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites LCS eran esferas hocas de aluminio cunha sección precisa para servir como obxectivo para a calibración de radares terrestres. Eran construídos por Rohr Corp. para o Laboratorio Lincoln, de onde lles ven o nome. Tiñan un diámetro de 1,12 m e un espesor de 3,2 mm, cunha masa duns 34 kg. Lanzáronse catro LCS entre 1965 e 1971, dos cales dous non chegaron a órbita por problemas nos foguetes lanzadores. Os dous que aínda están en órbita utilízanse aínda con fins de calibración.[2][1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
LCS 1 | 6 de maio de 1965 | Titan 3A | Éxito |
LCS 2 | 15 de outubro de 1965 | Titan 3C | Fallo |
LCS 3 | 16 de agosto de 1968 | Atlas SLV-3 | Fallo |
LCS 4 | 7 de agosto de 1971 | Atlas F | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lincoln Calibration Sphere |