Living Plume Shield
Living Plume Shield ou LIPS foi unha serie de satélites artificiais dos Estados Unidos adicados a probar diferentes tecnoloxías.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites LIPS eran en realidade a cuberta inferior dos dispensadores MSD utilizados para despregar os satélites Parcae e cuxa función era protexer a estes satélites da saída de gases do motor do dispensador. Tres destas cubertas, con forma de aro, foron modificadas para levar a cabo diversos experimentos. Foron enviados ao espazo entre 1980 e 1987 a bordo de foguetes Atlas E e Atlas H.[1][2]
LIPS 1, xunto con Parcae 4, non chegou ao espazo polo fallo do seu foguete lanzador.[1][2]
LIPS 2 chegou a órbita e a súa misión consistiu en probar a descarga directa de datos tácticos desde órbita baixa, levando a bordo un transpondedor en UHF dun so canal. Usaba ademais tres paneis solares de dobre cara con diferentes tipos de células solares para producir enerxía eléctrica.[1][2]
LIPS 3 tamén foi posto en órbita e usouse para probar células solares de nova tecnoloxía.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
LIPS 1 | 9 de decembro de 1980 | Atlas E | Fallo |
LIPS 2 | 9 de febreiro de 1983 | Atlas H | Éxito |
LIPS 3 | 15 de maio de 1987 | Atlas H | Éxito |