Saltar ao contido

Living Plume Shield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Living Plume Shield ou LIPS foi unha serie de satélites artificiais dos Estados Unidos adicados a probar diferentes tecnoloxías.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Os satélites LIPS eran en realidade a cuberta inferior dos dispensadores MSD utilizados para despregar os satélites Parcae e cuxa función era protexer a estes satélites da saída de gases do motor do dispensador. Tres destas cubertas, con forma de aro, foron modificadas para levar a cabo diversos experimentos. Foron enviados ao espazo entre 1980 e 1987 a bordo de foguetes Atlas E e Atlas H.[1][2]

LIPS 1, xunto con Parcae 4, non chegou ao espazo polo fallo do seu foguete lanzador.[1][2]

LIPS 2 chegou a órbita e a súa misión consistiu en probar a descarga directa de datos tácticos desde órbita baixa, levando a bordo un transpondedor en UHF dun so canal. Usaba ademais tres paneis solares de dobre cara con diferentes tipos de células solares para producir enerxía eléctrica.[1][2]

LIPS 3 tamén foi posto en órbita e usouse para probar células solares de nova tecnoloxía.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
LIPS 1 9 de decembro de 1980 Atlas E Fallo
LIPS 2 9 de febreiro de 1983 Atlas H Éxito
LIPS 3 15 de maio de 1987 Atlas H Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2020). "LIPS" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "LIPS 1, 2, 3" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]