Saltar ao contido

LOSAT-X

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LOSAT-X
TipoDemostrador tecnolóxico
FabricanteBall Aerospace
OrganizaciónSDIO
Destino actualReentrado na atmosfera
Data de lanzamento4 de xullo de 1991, 2:32 GMT[1][2][3]
Foguete portadorDelta 7925[2][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][5]
Obxectivo da misiónDetección e caracterización do escape de mísiles.[2][5]
Decaemento15 de novembro de 1991[1]
NSSDC ID1991-047B
Masa73 kg[2][4]

LOSAT-X (Low Altitude Satellite Experiment) foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 4 de xullo de 1991 mediante un foguete Delta 7925 desde o Cabo Cañaveral.[2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

LOSAT-X foi construído por Ball Aerospace para a Iniciativa de Defensa Estratéxita (popularmente coñecida como Guerra das Galaxias) co fin de recoller datos multiespectrais do escape de foguetes e mísiles lanzados desde terra. Probou algunhas outras tecnoloxías, como unha cámara estelar de gran angular.[4][5]

O satélite ía acaroado á segunda etapa do seu foguete lanzador e foi exectado en órbita despois de separarse esta da terceira etapa. A súa vida operativa esperada era de tres meses, aínda que tódolos seus obxectivos se cumpliron o primeiro día en órbita. Aos nove días perdeuse o contacto co satélite debido a unha avaría no seu receptor de radio. O satélite reentrou na atmosfera o 15 de novembro de 1991.[4][5]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "LOSAT X" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2020). "LOSAT-X" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  3. Claude Lafleur (2020). "Losat X" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Losat-X" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2020). "Losat" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]