La Aurora del Miño
Aparencia
La Aurora del Miño | |
---|---|
Fundación | 1857 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Lugo |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Aurora del Miño foi un periódico semanal editado en Lugo en 1857.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico de intereses morales y materiales, o primeiro número apareceu o 15 de maio de 1857.[1] Fundado por Manuel Soto Freire, o seu director foi Teolindo María Romero ata o 2 de xuño e a partir desa data Dimas Corral Rebellón que dimitiu a finais de xullo,[2] e tiña como redactores a Antonio Castro Martínez e aos directores. Colaboraron nel José María Castro Bolaño, José López de la Vega, Luciano Sánchez Gil, José Rodríguez e Román García Blanes. Incluía poemas, artigos científicos, correspondencia, crónicas, un boletín relixioso e variedades. Desapareceu o 24 de novembro de 1857 co número 32.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Soto (1997), p. 12.
- ↑ El Iris de Galicia, 26-7-1857, p. 3.
- ↑ Soto (1997), p. 14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Aurora del Miño, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Aurora del Miño, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Soto, Juan (1997). Manuel Soto Freire. A Coruña: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-1989-2.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La Aurora del Miño na hemeroteca virtual da Real Academia Galega.