Saltar ao contido

La Campana (Santiago de Compostela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Campana
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

La Campana foi un semanario que se publicou en Santiago de Compostela en 1923.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario popular, apareceu o 5 de maio de 1923. Órgano do Partido Republicano de Santiago de Compostela, foi unha publicación de pequeno formato que saía todos os sábados e constaba de oito páxinas. Entre os seus colaboradores estaban Manuel María González López e Xesús San Luís Romero. Recollía noticias locais e criticaba o labor do Concello. Dedicoulle pouco espazo á literatura. Aínda se publicaba en outubro de 1923.[1]

  1. El Compostelano, 3-9-1923, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]