La Digue
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Seychelles | |||
Situado na entidade xeográfica | Ilhas Interiores (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Seychelles | |||
Localización | Océano Índico | |||
| ||||
Bañado por | Océano Índico | |||
Características | ||||
Altitude | 333 m | |||
Dimensións | 3 () × 5 () km | |||
Superficie | 9,81 km² | |||
La Digue é a cuarta illa habitada máis grande de Seychelles. Ten un superficie de 10 km². Está situada ao Leste de Praslin e ao oeste de Illa Felicité. Ten unha poboación de preto de 2.000 persoas que vive, sobre todo, nas aldeas da costa oeste: La Passe (enlazada por transbordador con Praslin e Mahé) e La Reunión.
La Digue debe o seu nome a unha nave da frota do explorador francés Marc-Joseph Marion du Fresne, que visitou as Seychelles en 1768.
O turismo é a principal actividade económica da illa, coñecida polas súas praias, especialmente Anse Source d'Argent. En épocas anteriores a produción de copra e de vainilla foi a principal actividade económica local, que se poden coñecer no museo da illa.
No interior da illa háxase a Reserva Natural de Veuve, fogar do raro atrapamoscas negro do paraíso, cunha reducida poboación de preto de 100 exemplares.
O pico máis alto da Digue está tamén na parte central da illa, o Belle Vue (Eagle's Nest Mtn) con 300 metros de altura.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
La Digue
-
Un pantano tropical en La Digue
-
A praia de Grande Anse
-
Praia Anse Source d' Argent
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La Digue Official Website
- PhotoGlobe La Digue Xeoreferencia Fotos con mapas