La Estrella Galaica
Aparencia
La Estrella Galaica | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Estrella Galaica foi un semanario editado en Santiago de Compostela en 1896.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Revista de modas y literatura, apareceu en marzo de 1896.[1] Estaba dirixida por Luís Bouza Trillo baixo o pseudónimo de Magdalena de Monteblanco. Orientada ao público feminino, incluía información sobre música, moda e debuxo. Tamén publicou algunhas composicións poéticas. Insería debuxos e patróns de moda realizados por Enrique Aguilera.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaceta de Galicia, 10-3-1896, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.