La Foradada
Aparencia
Tipo | Illote | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Columbretes | |||
Localización | ||||
División administrativa | Castelló de la Plana, España | |||
| ||||
La Foradada ou Ferrer (en castelán: La Horadada) é un dos illotes do arquipélago das Illas Columbretes, situado nas augas do mar Mediterráneo fronte á costa valenciana.
Xunto a outros illotes de moi reducidas dimensións como Lobo (ou Foradadeta) e o illote Méndez Núñez, atópase ao suroeste da Illa Grossa, a máis grande do arquipélago, e o seu nome é debido a que presenta unha gran cavidade. Ao norte de La Foradada está a illa de La Ferrera, e ao sur, El Carallot.