La Jambre
La Jambre | |
---|---|
Orixe | Xerez da Fronteira, Andalucía |
Período | 2003 - presente |
Xénero(s) | Folk |
Membros | José Cabral Antonio de Magdalena Hendo Ismael Colón Jesús Cabral Pepe Torres David Guillén Marcos Plada |
Na rede | |
www.lajambre.com |
La Jambre é unha formación de música folk, creada no 2003 en Xerez da Fronteira. As súas composicións tratan de recuperar e actualizar a música tradicional andaluza que coexistiu co flamenco ata ser desprazada pola vitalidade deste e doutras músicas máis modernas. A súa gran riqueza melódica e a variada temática das súas letras, denota a súa orixe ancestral e a súa procedencia de culturas variadas.
No 2007 participaron no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Membros
[editar | editar a fonte]* | José Cabral | Guitarra, ud, baglamá, cumbus, gandana, voz |
* | Antonio de Magdalena | Voz, dulzaina, gaita, gaita gastoreña, xaphoon, punteiros e zurna |
* | Hendo | Frautas traveseiras, frauta de tres buratos e tamboril, acordeón e coros |
* | Ismael Colón | Batería, percusións |
* | Jesús Cabral | Baixo eléctrico, contrabaixo e percusións |
* | Pepe Torres | Clarinete, saxofón e duduk |
* | David Guillén | Trompeta, fliscorno. |
* | Marcos Plada | Técnico de son |
Historia
[editar | editar a fonte]A formación foi creada a principios do 2003. Nese mesmo ano gañaron o I Certame Internacional de Música Étnica (FIMEC) de Chiclana, así como un dos certames máis prestixiosos a nivel peninsular de música folk: o Concurso Folk “Cuartu de los Valles” de Navelgas (Asturias), celebrado en xullo do mesmo ano.
Participaron en importantes festivais de España e do estranxeiro, e colaboraron na banda sonora para o documental de Canal+ La Montañas del Lobo.
A principios do 2005 saíu á luz o seu primeiro álbum, Saltalindes, sendo preseleccionado na categoría a “mellor álbum de música tradicional” para a X Edición dos Premios da Música da Academia das Artes e as Ciencias da Música. Ese mesmo ano foron invitados a participar en “The World Performing & Visual Arts Festival Pakistan” de Lahore (Paquistán) para representar a España en tal evento cultural e musical.
Na gravación de Saltalindes contaron coa colaboración de músicos tan recoñecidos como Vincent Molino (Radio Tarifa), Sebastián Rubio (La Musgaña e Radio Tarifa) e Manuel Mateo (Lombarda).
No 2007 foron proclamados gañadores do Proxecto Runas '07, dentro do Festival de Ortigueira.
Recentemente sacaron á luz o seu novo traballo, La Lunas de Astarté.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]* | Saltalindes | (2005) |
* | La Lunas de Astarté | (2007) |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do grupo (en español)