La Lucha Obrera
Aparencia
La Lucha Obrera | |
---|---|
Fundación | xullo de 1883 |
Remata | xaneiro de 1887 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Coruña |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Lucha Obrera foi un periódico editado na Coruña entre 1883 e 1887.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Voceiro da Sociedad de Carpinteros da Coruña, apareceu en xullo de 1883.[1] Periódico semanal de carácter anarquista, foi denunciado por ataques á relixión e aos seus ministros[2] e en setembro de 1884 foi secuestrado o número por orde do fiscal.[3] Suspendeu a súa publicación en outubro de 1884.[4]. Estivo dirixido por Antonio Vidal Villanueva e entre os seus redactores figurou Pedro Barreiro.[5] Reapareceu en maio de 1886[6] como órgano da Federación de Trabajadores de La Coruña, vinculada á Federación de Trabajadores de la Región Española. Foi suspendido en xaneiro de 1887.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Lucha Obrera, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. p. 164. ISBN 84-87783-79-1.
- Madrid Santos, F. (1989). La prensa anarquista y anarcosindicalista en España desde la I Internacional hasta el final de la Guerra Civil (tese, CC BY 3.0 ES) (en castelán). UB.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Francisco Madrid Santos: Catálogo de la prensa anarquista y anarcosindicalista en España (1869-1939)