La Opinión (Redondela)
Aparencia
La Opinión | |
---|---|
Fundación | 1894 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Redondela |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Opinión.
La Opinión foi un periódico publicado en Redondela entre 1894 e 1916.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario Independiente, estaba dirixido por Heliodoro Rivas Rivas. Tivo unha primeira época en 1894 como continuación de La Voz del Pueblo. Pero a máis importante é a que comeza en 1909, na que foi de tendencia agrarista. Entre os seus redactores figurou Baldomero Táboas. Foron os seus colaboradores Juan Amoedo Seoane, Claudio Contreras Valiñas, Telmo Bernárdez, José Pereira Míguez, Bernardo Fernández Esteiro e Joaquín Núñez de Couto. Combateu a La Idea e defendeu a candidatura do xeneral Rubín.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Opinión, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Opinión, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. pp. 35–37. ISBN 84-8302-720-8.