La Provincia (Lugo)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Provincia.
La Provincia | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Lugo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Provincia foi un xornal editado en Lugo entre 1923 e 1928.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Diario de información y de intereses generales, apareceu o 31 de maio de 1923. Imprimíase nos talleres de El Norte de Galicia ao que substituíu como órgano conservador de Lugo. Dirixido por Nilo Fernández Castro e despois por Manuel Amor Meilán, contou coas colaboracións de Francisco Camba (que publicou en folletín a súa novela O terruño), Ánxel Fole (que publicou o seu primeiro artigo con motivo do terceiro centenario da morte de Góngora), Manuel Vázquez Seijas, Manuel Mato Vizoso, Enrique Correa, Francisco Lamas López, Evaristo Correa Calderón e Luís Soto Menor.