La Razón (A Pobra do Caramiñal)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Razón.
La Razón | |
---|---|
Localidade | A Pobra do Caramiñal |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Razón foi un semanario editado na Pobra do Caramiñal entre 1916 e 1917.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 30 de abril de 1916. Subtitulado Semanario crítico. Órgano del Partido Obrero, tiña como lema "La crítica purifica el ambiente de la verdad mal traída. Todos para uno, uno para todos. Unión es fuerza". De contido anticaciquil, estaba dirixido polo militante socialista Antonio Ferreiro. Tiña catro páxinas e vendíase ao prezo de 10 céntimos. Editábase na imprenta de Pedro Abad Abalo, de Vilagarcía de Arousa. Cesou co número 44, o 25 de marzo de 1917.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Razón, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.