La República (1919)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La República.
La República | |
---|---|
Localidade | Ourense |
[ editar datos en Wikidata ] |
La República foi un periódico editado en Ourense entre 1919 e 1921.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario Republicano, apareceu en 1919. Funcionou como voceiro do Centro Obrero de Ourense. Estaba dirixido por Eduardo Barrionuevo Herrán, que exerceu o mesmo cargo en El Parlamentario de Madrid, República de Sevilla e La Federación de Xixón. No número 7 deuse conta da representación organizada co fin de recadar fondos para a construción da Casa del Pueblo. Cesou a súa edición en 1921.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "República, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.