La Semana (Monforte de Lemos)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Semana.
La Semana | |
---|---|
Localidade | Monforte de Lemos |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Semana foi unha revista editada en Monforte de Lemos entre 1924 e 1925.
Historia e características
[editar | editar a fonte]De periodicidade semanal, apareceu no outono de 1924, promovida polos editores de Alborada. Fundada e dirixida por Manuel Hermida Balado, foi órgano da Unión Patriótica de Monforte de Lemos. A redacción estaba formada polo director, Manuel Hermida e Julio Suárez Sánchez, que se encargaba de facer a crítica política. Trataba fundamentalmente temas literarios e nela colaboraron Jerónimo Díez Gervás, Carlos Sánchez-Taíz e José Gayoso Lois. Cesou a súa publicación en 1925.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baamonde, Miguel Ángel (1994). Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo: Deputación Provincial. p. 106. ISBN 84-8192-024-X.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. p. 231. ISBN 84-8192-110-6.