Saltar ao contido

La Toja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Toja
Fundación1907
MatrizSchwarzkopf & Henkel
LocalizaciónCataluña Barcelona
FundadorJosé Riestra López
IndustriaCosmética
editar datos en Wikidata ]

La Toja é unha marca de produtos de cosmética e beleza de orixe galega fundada en 1907. A marca foi vendida polo Banco Pastor en 1986. En 1992 Henkel comprou a marca La Toja a Nobel Consumer Goods.[1]

As orixes da marca están a finais do século XIX co aproveitamento das augas da illa da Toxa, ricas en sodio, calcio, ferro e magnesio. En 1899 inaugurouse o balneario da Toxa. En 1907 inaugurouse o Gran Hotel que acadou sona entre a xente de cartos de Galicia e Madrid. O seu propietario, José Riestra López, creou a fábrica de sales e xabóns. Sales de La Toja S.A., como marca foi rexistrada en 1907 para aproveitamento comercial dos sales minerais do manancial para produtos cosméticos. Xa en 1905 se fabricaba na illa xabón La Toja.

Antes da Guerra Civil a illa e a marca pasou a mans do banqueiro Pedro Barrié de la Maza e do Banco Pastor. O hotel foi hospital de sangue durante a Guerra Civil e na posguerra pasou a ser un sanatorio. A produción da marca La Toja trasladouse á Pasaxe nas aforas da Coruña. Posteriormente a produción sería levada a Culleredo. A auga chegaba en cisternas dende a illa e en Culleredo facíase a extracción dos minerais que se engadían ao xabón. En 1955 saca ao mercado o xabón Magno, o primeiro xabón negro con espuma branca. En 1979 aparece o primeiro xel de ducha Magno. A finais dos anos 90 faise cargo da marca Schwarzkopf & Henkel. En 2007 S&H pecha a súa fábrica en Culleredo trasladando a produción a outras fábricas do grupo fóra de España.[2]

  • Xabón
  • Xel de baño
  • Pasta de dentes (Licor del Polo)
  • Crema de barbear
  • Loción de afeitado
  • Po de talco
  1. "La Toja: se llevan el jabón". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2018. Consultado o 03 de outubro de 2018. 
  2. du212 (29/9/2012). "La Toja, historia de una gran marca". foroafeitado.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29/09/2018. Consultado o 29/09/2018.