La Voz de Vigo (emisora)
La Voz de Vigo | |
---|---|
Tipo | Emisora de radio |
Data de fundación | 1957 |
Data de disolución | 1989 |
Organización matriz | Red de Emisoras del Movimiento |
Sede | Vigo |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Voz de Vigo foi unha radio viguesa pertencente á Red de Emisoras del Movimiento (REM) que tiña empregaba como indicativo EFE 31. Fundada en 1957 mantívose en funcionamento ata 1989, aínda que a partir de 1981 cambio de nome a Radiocadena Española de Vigo.
Historia
[editar | editar a fonte]A emisora era a principal da Red de Emisoras del Movimiento, pertencente a FET de las JONS, en Galicia. A estación inaugurou os seus estudos, inicialmente no Monte do Castro, o 4 de agosto de 1957, aínda que xa emitía en probas desde abril dese ano. La Voz de Vigo contaba co apoio dun club de amigos da emisora que chegou a sumar máis de 15 000 adherintes e foi unha das radios máis oídas de Vigo e do conxunto de Galicia.[1]
A radio emitía de 7 a 1 horas, aínda que en 1979 pasou a cubrir as 24 horas do día. Varios programas son destacables como "Marcador", en antena 30 anos, "Vigo-Europa-Sábado", "Xuntanza de amigos", "Meridiano 8", "Club transistor", "La caldera fantástica" "Teatro de la Ópera", merecente do Premio Nacional de Radio en 1971, ou "Raíz e Tempo", un programa cultural en galego dirixido por Xohana Torres.[2] Tamén colaboraron coa emisora Álvaro Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro. Ademais, Ramón Villot Villot, quen logo sería director de REM, RNE e de CRTVG, participou na fundación da emisora e foi director de La Voz de Vigo entre 1966 e 1971.[3]
Como o resto de emisoras da REM, integrouse coa Cadena Azul de Radiodifusión en 1974 para formar Radiocadena Española. Esta cadea de emisoras foi incorporada a RTVE, e dende 1981, a estación viguesa deixou de empregar o distintivo La Voz de Vigo fronte o de Radiocadena Española Vigo. Finalmente, en 1989 Radiocadena Española foi absorvida por RTVE pasando as súas frecuencias a Radio Nacional de España.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Voz de Vigo (EFE-31) - Historia". arec.es. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 2023-04-11.
- ↑ "Membro: Xohana Torres". Real Academia Galega. Consultado o 2023-04-11.
- ↑ "Fallece Ramón Villot, exdirector de RNE y de CRTVG y Vigués Distinguido". Faro de Vigo (en castelán). 2018-12-18. Consultado o 2023-04-11.
- ↑ Contreras, José Miguel (1988-07-20). "Aprobada la fusión de Radio Nacional de España y Radiocadena Española". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Blanco Campaña, X. L. (1999). Historia da radio en Galicia. Edicións Lea. pp. 212–214. ISBN 84-89947-73-2.