La semana del asesino
La semana del asesino | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La semana del asesino |
Director | Eloy de la Iglesia |
Produtor | José Truchado Vicente Parra |
Guión | Antonio Fos Eloy de la Iglesia |
Intérpretes | Vicente Parra Eusebio Poncela Emma Cohen Charly Bravo Vicky Lagos Fernando Sánchez Polack Lola Herrera Ismael Merlo Goyo Lebrero |
Música | Fernando García Morcillo |
Fotografía | Raul Artigot |
Distribuidora | Atlas International Film |
Estrea | 22 de abril de 1972 (ES) |
Duración | 90 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
La semana del asesino é unha película dramática española de 1972 dirixida por Eloy de la Iglesia e escrita por Eloy de la Iglesia e Antonio Fos. Foi estreada o 22 de abril de 1972 en España.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Marcos, un xove traballador dunha sala de despece que vive co seu irmán Esteban nunha chabola que herdaron da súa nai colle un taxi pola noite xunto coa súa moza, Paula. Ten unha discusión co taxista ao que mata dunha pedrada. Tras este crime, vese chamado a matar, un tras outro, durante unha tráxica semana, a tódolos que para el representan unha ameaza.
Unha semana é tempo suficiente para facer dun home normal o máis perigoso, agresivo, e enfermizo asasino. O medo, o temor constante a ser descuberto, é a causa principal pola que se suceden os crimes máis brutais. Un xesto, unha palabra, unha mirada, calquera cousa pode converter un inocente en vítima. Tan só é necesario que se lle crea coñecedor dos feitos. As sucesivas mortes, o cotián terror, o derramado sangue, son as testemuñas permanentes que acurralan, ao fin, a conciencia dun paranoico criminal.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Vicente Parra — Marcos
- Eusebio Poncela — Néstor
- Emma Cohen — Paula
- Charly Bravo — Esteban
- Vicky Lagos — Rosa
- Fernando Sánchez Polack — Señor Ambrosio
- Lola Herrera — Carmen
- Ismael Merlo — Xefe de persoal
- Goyo Lebrero — Taxista