Saltar ao contido

La tesis de Nancy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La tesis de Nancy
Autor/aRamón J. Sender
OrixeEspaña
LinguaCastelán
Xénero(s)Novela
EditorialEditorial Atenea
Data de pub.1962
Seguido porNancy, doctora en gitanería
editar datos en Wikidata ]

La tesis de Nancy é unha novela en lingua castelá de Ramón J. Sender, publicada en 1962 en México por Editorial Atenea. É o primeiro volume dunha pentaloxía seguida por Nancy, doctora en gitanería (1974), Nancy y el Bato loco (1974), Gloria y vejamen de Nancy (1977) e Epílogo a Nancy: bajo el signo de Taurus, (1979).

Nancy é unha rapaza de Pensilvania que vai a Alcalá de Guadaira para preparar unha tese sobre Antropoloxía e Filoloxía hispánica.

Narración

[editar | editar a fonte]

A obra consta de dez cartas, das cales nove son escritas por Nancy á súa curmá Betsy, e unha por esta a Nancy. Ramón J. Sender aparece na nota introdutoria como amigo de Betsy e tradutor das cartas.

O fío argumental serve como pano de fondo para presentar a sociedade sevillana de mediados do século XX a través de confusións lingüísticas (polo dialecto andaluz da lingua castelá e a xerga caló do pobo xitano, así como polos dobres sentidos e os xogos de palabras) e malentendidos polas convencións sociais.

Hai moitas referencias a obras literarias e musicais de diversas épocas. Do mesmo modo, hai moitas referencias lingüísticas a recursos estilísticos, etimoloxías ou usos. Amais da propia Alcalá de Guadaira e Sevilla, aparecen espazos como Itálica, Carmona ou Tarifa.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Nancy: estudante duns vinte e catro anos.
  • Francisco Antolín Reyes "Curro": mozo xitano de Nancy.
  • Joaquín Gómez "Quin": banderilleiro.
  • Mrs. Dawson: escocesa de mediana idade, coa que vive Nancy.
  • Mrs. Adams: antiga profesora de Nancy, actualmente retirada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sender, R. J. (1999): La tesis de Nancy. Edición de Francisco Troya e Pilar Úcar. Barcelona, Ed. Casals. ISBN 978-84-218-2073-5