Saltar ao contido

Labarnas I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLabarnas I

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XVII a. C. Editar o valor en Wikidata
Kussar, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XVI a. C. Editar o valor en Wikidata
Kussar, Turquía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKussar Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTawananna Editar o valor en Wikidata
PaiPapahdilmah Editar o valor en Wikidata
IrmánsHattusilis I
Q695778 Editar o valor en Wikidata

Labarnas I foi o fundador da monarquía hitita, que, supostamente, gobernou entre os anos -1680 e -1650. Sucedeuno o sobriño da súa muller Hattusilis I.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu nome é de orixe luvita; probabelmente quere dicir "o gobernante poderoso". Crese que foi xenro de Pusarrumas e herdeiro designado. A súa muller era Tawannanna (nome luvita que quere dicir "a máis recta"), suposta filla de Pusurramas e herdeira primeira pola desherdamento do fillo Papahdilmah ao que correspondía o trono. Enfrontouse ao seu cuñado Papahdilmah que foi recoñecido rei polos principais funcionarios, e finalmente saíu vencedor da loita; a represión sobre os derrotados foi forte.

Non se conservou evidencia directa deste rei, que aparece citado por primeira vez no Rescrito de Telibinus, un rei hitita que gobernou máis dun século despois. No rescrito, Labarnas aparece como un poderoso monarca que ensanchou o reino ata "o mar", sentando as bases dos prósperos reinados dos seus inmediatos sucesores, Hattusilis I e Mursilis I: Labarnas chegou ao mar (probabelmente o mar Negro ou o mar Mediterráneo, pois sábese que o seu sucesor dominaba Adaniya (Cilicia)). Designou a un fillo gobernador de Hupisna, Tawunawa, Nenasa (Nenašša), Landa (ao leste de Hattusa), Zallara (rexión na beira noroeste do Lago do Sal), Parsuhanta ou Purushanda (Paršuhanta ou Purušhanda) e Lusna (Lušna). Ao oeste atopábase Arzawa, que probabelmente era un reino luvita que acadara a hexemonía, e crese que Labarnas puido dominar algunhas cidades que antes eran deste reino.

A maioría dos reis hititas adoptaron Labarnas como título real (de forma análoga ao uso do título de César entre os emperadores romanos), o que leva a algúns historiadores a suscitar que Labarnas I non existiu realmente e que as referencias do Rescripto de Telibinus deberían atribuírse a Hattusilis I.

Hititas

Segue a:
-
Labarnas I
Precede a:
Labarnas II