Lago, Valdoviño
Lago | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Lago | |
Concello | Valdoviño[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°35′38″N 8°09′50″O / 43.5939, -8.1639 |
Área | 11,8 km² |
Poboación | 1.085 hab. (2019) |
Densidade | 91,95 hab./km² |
Entidades de poboación | 22[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Lago é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño, na comarca histórica de Trasancos. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.139 habitantes (586 mulleres e 553 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.054 habitantes. Conta cunha superficie de 11,8 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A orixe do nome venlle dado por ser nesta parroquia a lagoa da Frouxeira, incluída no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia e considerada Zona Húmida de importancia Internacional polo Convenio de Ramsar.
A igrexa de Santiago de Lago é un templo de estilo barroco levantado no século XVIII, con planta rectangular, dúas capelas laterais, ábsida e sancristía. Na súa fachada principal, merece especial atención o fornelo sito sobre a súa portada, coa imaxe do Santo e, no seu interior, sito no seu altar maior, gárdase un retablo barroco.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cooperativa de Lago
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lago
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Lago no concello de Valdoviño (provincia da Coruña) | |
---|---|
O Barreiro | A Bouza da Cabra | Broño | O Canteiro | Castido | O Castro | Fraguizón | Lanzós | A Lóngara | Mosende de Abaixo | Mosende de Arriba | O Muíño | O Outeiro | Pazos | A Pena | O Penido | Poi | Santo André | Soutullo | A Torre | Viansil | O Vilar de Lago |
Parroquias de Valdoviño
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Grandes lugares na TVG.