Lago Balaton
Tipo | lago de fenda geographical small region of Hungary (en) ![]() lago ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | Hungría ![]() | |||
División administrativa | Hungría ![]() | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Sió (en) ![]() ![]() | |||
Conca hidrográfica | conca do Danubio ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 104 m ![]() | |||
Profundidade | 12,5 m ![]() | |||
Dimensións | 15 (![]() ![]() | |||
Perímetro | 195 km 236 km ![]() | |||
Superficie | 592 km² ![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 5.181 km² ![]() | |||
Sitio Ramsar | ||||
Identificador | 421 | |||
Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
Identificador | HUBF30002 | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | ![]() ![]() | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 1.900 hm³ ![]() | |||
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/eb/Balaton.jpeg/150px-Balaton.jpeg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/82/Plattensee_in_Ungarn_S3000086.jpg/150px-Plattensee_in_Ungarn_S3000086.jpg)
O lago Balaton (húngaro Balaton; alemán Plattensee; Eslovaco Blatenské jazero, significando "lago barrento", probábel orixe do nome), localizado en Hungría, é o maior lago da Europa Central, cunha superficie de 592 km². O seu longo é de 77 km e a súa anchura varía de 4 a 14 km. A superficie do lago sitúase a 104 m por riba do nivel do mar, e a súa profundidade chega a 11 m (profundidade media 3,2 m). Como Hungría non ten costa marítima, o lago Balaton é ás veces chamado "Lago Húngaro". O río Zala fornece a maior cantidade de auga ao lago, e o canal Sió prové a saída de auga cando é necesario.
Información turística
[editar | editar a fonte]A alta estación vai de xuño até o final de agosto. A temperatura media durante o verán é de 23° C. Outras atraccións turísticas son a navegación, a pesca e outros deportes acuáticos, así como a visita da rexión — viñas na marxe norte e vida nocturna no sur. A península Tihany é un distrito histórico.
As cidades principais inclúen Keszthely, Balatongyörök, Badacsony, Balatonrendes, Révfülöp, Balatonakali, Tihany, Balatonfüred, Balatonalmádi, Balatonkenese, Balatonvilágos, Siófok, Zamárdi, Balatonföldvár, Balatonlelle, Balatonboglár, Fonyód, Balatonmáriafürdő, e Balatonberény.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: lago Balaton |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de informacións do Balaton (en Húngaro, Alemán e Inglés)
- www.accommodation-balaton.hu[Ligazón morta]