Lago Balkhash
Tipo | lago endorreico lago | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
País da cunca | Kazakhstán | ||||
División administrativa | Kazakhstán | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Efluente do lago | Evaporación | ||||
Características | |||||
Altitude | 342 m | ||||
Profundidade | máximo: 25 m Media: 6 m | ||||
Dimensións | 70 () × 620 () km | ||||
Perímetro | 2.385 km | ||||
Superficie | 18.200 km² 18.740 km² | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 501.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Volume físico | 106.000 hm³ | ||||
O lago Balkash (kazako: Балқаш Көлі, Balqash Köli; ruso: Озеро Балхаш, Ozero Balkhash) é un gran lago endorreico que ocupa unha depresión pechada na área suroriental de Kazakhstán, e que forma parte da ampla cunca endorreica da Asia Central que inclúe entre outros o mar Caspio e o mar de Aral. Cunha superficie de 16996 km², é un dos lagos máis grandes de Asia e o duodécimo lago continental máis grande do mundo. A súa altura media é de 320 m sobre o nivel do mar e drena unha gran cunca de 413000 km².
No lago desaugan sete ríos, sendo o principal o río Ili, que proporciona a maior parte da auga da ribeira, mentres que outros, como o río Karatal, proporcionan auga tanto en superficie como achegando fluxo subsuperficial. O Ili aliméntase da precipitación (en gran parte o desxeo de primavera) das montañas da China, na rexión de Xinjiang. Os outros ríos, de menor caudal, son o Lepsa, o Aksu, o Byan, o Kapal e o Koksu.
De xeito semellante ao que sucede no mar de Aral, o lago está diminuíndo a causa do uso extensivo que se fai da auga procedente dos ríos que o alimentan.[1] O lago está dividido case en dúas partes por unha península, que deixa a zona occidental de auga doce e a oriental de auga salgada.[2][3][4][5] A profundidade media do lago é de 5,8 m, e a máxima é de 25,6 m.
A cidade máis grande da zona do lago tamén se chama Balkhash e ten uns 66 000 habitantes. As principais actividades industriais na zona son a minaría, o procesamento de minerais e a pesca. O lago permanece xeado dende finais de novembro ata principios da primavera.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lake Balkhash, International Lake Environment Committee
- ↑ "Lake Balkhash". Encyclopedia Britannica. Consultado o 29 de xaneiro de 2009.
- ↑ Zektser, Igor S.; Everett, Lorne G (2000). Groundwater and the Environment: Applications for the Global Community. CRC Press. p. 76. ISBN 1566703832.
- ↑ Shahgedanova, Maria (2002). The Physical Geography of Northern Eurasia. Oxford University Press. pp. 140–141. ISBN 0198233841.
- ↑ Kawabata, Yoshiko; et al. (1997). "The phytoplankton of some saline lakes in Central Asia". International Journal of Salt Lake Research 6 (1): 5–16. doi:10.1007/BF02441865.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información da xeografía e bioloxía de Balkhash (en inglés).
- O 'tesouro nacional' casaco ameazado (en inglés).
- United Nations Environmental Programme details on Lake Balkhash
- "Central Asia: Kazakhstan, aid bodies work to save major lake" 13 March 2007 RadioFreeEurope/RadioLiberty
- Balkhash – friends meeting (forum)