Lago Kivu
(en) Lake Kivu ![]() | ||||
Tipo | Lago meromítico (pt) ![]() lago ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Grandes Lagos Africanos ![]() | |||
Localización | ||||
País da cunca | Ruanda ![]() | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Río Ruzizi ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 1.463 m ![]() | |||
Profundidade | 485 m ![]() | |||
Dimensións | 48 (![]() ![]() | |||
Superficie | 2.700 km² ![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 7.000 km² ![]() | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 500.000 hm³ ![]() | |||
O lago Kivu é un dos maiores lagos da África. Está situado na fronteira entre a República Democrática do Congo e Ruanda, na zona do Gran Val do Rift. O lago Kivu desauga no río Ruzizi, que segue para o sur e, á súa vez, desauga no Lago Tanganyika. O lago ficou coñecido como o lugar onde moitas das vítimas do xenocidio de Ruanda en 1994 foron tiradas.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro europeo en visitar o lago foi o conde alemán Gustav Adolf von Götzen en 1894.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- área: 2.700 km²
- altitude: 1.460 metros
- volume de auga: 500 km³
- largura: 48 km
- lonxitude: 89 km
- profundidade: media 240 metros, máxima 480 metros
- illa: Idjwi
- cidades bañadas:
O lago Kivu é un dos tres lagos explosivos coñecidos, xunto ao lago Nyos e ao lago Monoun, no Camerún, os cales experimentan violentas erupcións. Unha análise da historia xeolóxica do lago Kivu indicou unha periódica extinción biolóxica masiva cada mil anos. Aínda que a composición química dos lagos explosivos é particular para cada caso, no lago Kivu detectouse metano e dióxido de carbono debido á interacción das súas augas cun volcán, o que podería causar unha catástrofe natural, ademais tendo en conta que aproximadamente dous millóns de persoas viven nas súas ribeiras.
Recentemente cóntase que o lago Kivu ten 55 millóns de metros cúbicos de gas metano disolto a unha profundidade de 300 metros. Agora, o goberno de Ruanda está destinando fondos para que un consorcio internacional extraia o gas.
