Lago Manicouagan
Tipo | encoro lago de cráter volcánico | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | Canadá | |||
División administrativa | Manicouagan, Canadá (pt) e Caniapiscau, Canadá (pt) | |||
Localización | Rivière-aux-Outardes (en) | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Rivière Manicouagan (en) | |||
Conca hidrográfica | Manicouagan basin (en) | |||
Represado por | Daniel-Johnson Dam (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 359 m 346 m | |||
Profundidade | máximo: 350 m Media: 85 m | |||
Superficie | 1.942 km² | |||
O lago Manicouagan (tamén coñecido como encoro Manicouagan) é un lago anular alimentado polas augas do río Manicouagan, no centro do Quebec (Canadá). No seu interior destaca unha grande illa circular coñecida como René-Levasseur, cuxo punto máis alto é o monte Babel. Tanto o lago como a illa son claramente visibles dende o espazo, razón pola que reciben o nome de "ollo de Quebec". O lago é accesible a través da estrada Quebec Route 389, que discorre xunto á beira oriental.
Orixe
[editar | editar a fonte]As augas do lago ocupan os restos dun antigo cráter de impacto, orixinado polo impacto dun asteroide de 5 km de diámetro, que escavou un cráter duns 100 km de diámetro orixinalmente. Na actualidade o diámetro do cráter reduciuse a 72 km debido á erosión e ós procesos sedimentarios, aínda que as súas dimensións convérteno no quinto cráter coñecido da Terra por tamaño.[1] O Monte Babel interprétase como un cumio orixinado polo rebote do chan fundido tralo impacto.
As investigacións recentes demostraron que o cráter ten unha idade de 214 ± 1 millóns de anos. Xa que esta data é 12 ± 2; millóns de anos anterior ó final do Triásico, este impacto non puido ser a causa da extinción masiva do Triásico-Xurásico.
Proxecto hidroeléctrico
[editar | editar a fonte]O tamaño do lago foi ampliado debido ás novas achegas de auga causadas por unha serie de presas (denominadas Manic 1 e Manic 2), un proxecto hidroeléctrico desenvolvido por Hydro-Québec, a entidade eléctrica provincial, durante a década dos 60. O complexo de presas é tamén denominado como Proxecto Manic-Outardes, debido a que recolle as augas dos ríos Manicouagan e Outardes.
O lago Manicouagan actúa como unha xigantesca batería hidráulica para Hydro-Québec. No momento álxido do frío invernal, o nivel superficial do lago é normalmente máis baixo, debido a que as turbinas están en funcionamento continuo e á súa máxima potencia para xerar o fluído eléctrico necesario para as calefaccións de toda a provincia. O nivel do lago tamén sofre descensos en períodos de extrema calor durante o verán, posto que durante esa estación Hydro-Québec vende enerxía eléctrica á rede eléctrica completa de Nova Inglaterra e mesmo a usuarios particulares dos Estados Unidos. O potencial eléctrico de todo o complexo é de 2.592 MW.