Lago Mweru
Tipo | lago | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Lagos do Gran Val do Rift | |||
Localización | ||||
País da cunca | Zambia | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Luvua River (en) | |||
Conca hidrográfica | Conca fluvial do Congo | |||
Características | ||||
Altitude | 927 m | |||
Profundidade | 37 m | |||
Dimensións | 45 () × 96 () km | |||
Superficie | 4.650 km² | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 38.000 hm³ | |||
O lago Mweru é un lago situado na fronteira entre a República Democrática do Congo (Katanga) e Zambia, a uns 150 km ó sur do lago Tanganica. Mide uns 96 km de longo por 45 km de largo, orientado en dirección nordés-suroeste, cunha superficie duns 4650 km². É alimentado polo río Luapula. O emisario do lago é o río Luvua, que alimenta o río Lualaba, nome que recibe o río Congo na súa parte superior. O lago comprende a illa de Kilwa na súa parte meridional.
O lago estivo illado durante moito tempo, e só se chaegaba a el a través de pistas forestais, tanto no lado de Zambia como no do Congo. En 1987 construíuse unha estrada asfaltada ata a aldea de Nchelenge en Zambia, e a poboación está a medrar rapidamente, aproveitando a pesca no lago.
As principais localidades da parte congolesa son Pweto e Kilwa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- AR Bos, CK Kapasa and PAM van Zwieten: "Update on the bathymetry of Lake Mweru (Zambia), with notes on water level fluctuations". African Journal of Aquatic Science, 31 (1) : 145–150 (2006). Consultado o 4 de marzo de 2007.
- World Lakes Database entry for Lake Mweru
- Información turística de Zambia con imaxes