Lago Teshekpuk
Tipo | lago | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | Estados Unidos de América | |||
División administrativa | Alasca, Estados Unidos de América | |||
| ||||
O lago Teshekpuk (en inglés: Teshekpuk Lake; en inupiaq: Tasiqpak), é un lago na costa ártica do estado de Alasca (Estados Unidos), ao sur de Pitt Point, a 19 km ao leste da baía de Harrison, e a 130 km ao leste de Point Barrow.[1][2]
Ten unha superficie de 830 km,2 unha lonxitude de 45 km, e un ancho de 35 km.[1]
O lago está situado dentro dos terreos asignados á Reserva Nacional de Petróleo.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O seu nome provén da lingua iñupiaq Tasiqpak, rexistrada por Rochfort Maguire como Tasok-poh en 1854, que significa "gran lagoa", "gran auga costeira pechada" ou "gran lago costeiro".[2][3]
Outros nomes
[editar | editar a fonte]Tamén é coñecido como:[2]
- Lago Teshekpuk
- Lago Tasekpuk
- Lago Tasirkpuk
- Tasyukpun
- Tasiqpak
Fauna
[editar | editar a fonte]O lago Teshekpuk é ben coñecido pola súa densa concentración de vida salvaxe. A rexión alberga unha gran variedade de especies árticas, incluíndo un rabaño de caribús con 64 000 individuos, e un gran número de aves migratorias e acuáticas. Entre as especies de peixes presentes no lago están Coregonus nasus, Coregonus autumnalis, Oncorhynchus tshawytcha, Oncorhynchus keta, Salvelinus namaycush, Salvelinus malma e Lota lota.
O lago tamén é un santuario para a vida salvaxe durante o verán, as súas augas profundas proporcionan protección para até 35 000 de Anser albifrons e 37 000 de Branta bernicla, que representan o 20-30 por cento do poboación do Pacífico a principios do século XXI. Ademais, as zonas húmidas circundantes serven de hábitat para numerosas aves costeiras migratorias, como o eider de anteollos (Somateria fischeri), e para os lemmings e é o lugar de parto dun rabaño de case 70 000 caribús. O feito de que o lago sexa utilizado por tantos animais levou a algúns ecoloxistas a afirmar que o lago Teshekpuk e os seus arredores constitúen o complexo de zonas húmidas máis importante do Ártico.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Teshekpuk Lake na Enciclopedia Británica.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Teshekpuk Lake". Geographic Names Information System. United States Geological Survey, United States Department of the Interior.
- ↑ "Cold Regions Lake and Landscape Research: Teshekpuk Lake Observatory" Arquivado 15 de decembro de 2016 en Wayback Machine.. USGS Alaska Science Center.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago Teshekpuk |