Saltar ao contido

Lago Towuti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLago Towuti
Imaxe
Tipolago Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaCélebes Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaIndonesia Editar o valor en Wikidata
División administrativaCélebes Meridional, Indonesia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 2°45′45″S 121°31′20″L / -2.76258, 121.52232
Características
Altitude293 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade203 m Editar o valor en Wikidata
Superficie561,1 km² Editar o valor en Wikidata
Lago Towuti en 1930

O Lago Towuti (indonesio: Danau Towuti) é un lago da rexencia de Luwu Oriental, na provincia de Célebes do Sur, Indonesia. Arrodeado de montañas, é o maior dos lagos da illa de Sulawesi e un dos cinco lagos do sistema lacustre de Malili (os outros son Matano e os pequenos Mahalona, Masapi e Lontoa (Wawantoa)).[1] Un río leva a auga do lago á baía de Boni. Nas súas costas atópase a poboación de Laronda.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Ao igual que os outros lagos do sistema Malili, Towuti ten un gran número de especies endémicas, como peixes Telmatherinidae, Glossogobius, Mugilogobius, Nomorhamphus e Oryzias, camaróns Caridina, cangrexos Parathelphusidae (Nautilothelphusa, Parathelphusa e Syntripsa) e caracois Tylomelania.[1][2][3]

Entre estas, Caridina spongicola vive en esponxas de auga doce, sendo unha das dúas especies coñecidas de camaróns de auga doce que practican o comensalismo (a outra é un camarón Limnocaridina, que vive de mexillóns do Lago Tanganica).[4][5]

  1. 1,0 1,1 Gray, S.M., and J.S. McKinnon (2006). A comparative description of mating behaviour in the endemic telmatherinid fishes of Sulawesi's Malili Lakes. Environmental Biology of Fishes 75: 471–482
  2. von Rintelen, K., and Y. Cai (2009). Radiation of endemic species flocks in ancient lakes: systematic revision of the freshwater shrimp Caridina H. Milne Edwards, 1837 (Crustacea: Decapoda: Atyidae) from the ancient lakes of Sulawesi, Indonesia, with the description of eight new species. Raffles Bulletin of Zoology 57: 343-452.
  3. von Rintelen, T., K. von Rintelen, M. Glaubrecht, C.D. Schubart, and F. Herder (2012). Aquatic biodiversity hotspots in Wallacea: the species flocks in the ancient lakes of Sulawesi, Indonesia. pp. 290-315 in: Gower, D.J., K.G. Johnson, J.E. Richardson, B.R. Rosen, L. Rüber, and S.T. Williams, S.T., eds (2012). Biotic evolution and environmental change in southeast Asia.Cambridge University Press, Cambridge. ISBN 9781107001305
  4. De Grave, S.; Cai, Y.; Amnker, A. (2008). "Global diversity of shrimps (Crustacea: Decapoda: Caridea) in freshwater". Hydrobiologia 595: 287–293. doi:10.1007/s10750-007-9024-2. 
  5. von Rintelen; von Rintelen; Meixner; Lüter; Cai; and Glaubrecht (2007). "Freshwater shrimp–sponge association from an ancient lake". Biol Lett 3 (3): 262–264. PMC 2464681. PMID 17347103. doi:10.1098/rsbl.2006.0613.