Lagoas de Basturs
Tipo | Zona húmida área protexida da rede Natura 2000 espazo natural protexido Pla d'Espais d'Interès Natural | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Basturs (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Isona i Conca Dellà, España | |||
| ||||
Conca hidrográfica | Conca do Ebro | |||
Características | ||||
Altitude | 537 m | |||
Material usado | Travertino | |||
Superficie | 37,05505 ha | |||
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 389105 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1992 | |||
As lagoas de Basturs son dúas lagoas coa categoría de Lugar de importancia comunitaria (LIC) que se atopan preto das vilas de Basturs e Sant Romà d'Abella, no concello catalán de Isona i Conca Dellà, na comarca de Pallars Sobirà, na provincia de Lleida. Están incluídas no Pla d'Espais d'Interès Natural (PEIN) da Generalitat de Cataluña e na Rede Natura 2000.[1] Forman unha zona húmida de orixe cársica de grande importancia. Xunto coas lagoas de Banyoles, as do val de Sant Miquel de Campmajor e a lagoa de Montcortès, forman as catro zonas húmidas de orixe cársica máis notábeis de Cataluña.[2] Aliméntanse dunha fonte de auga subterránea máis ou menos constante durante todo o ano. Na última década do século XX formouse unha terceira lagoa nunha leira próxima, pero ao pouco tempo desapareceu.
Fauna
[editar | editar a fonte]Aínda que algúns dos seguintes animais só foron observados puntualmente, nas lagoas de Basturs avistáronse voitres, pitas do monte, garzas reais, lontras, cervos, teixugos e garduñas.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Lagoa grande.
-
Lagoa pequena.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Natura 2000 (ed.). "Estanys de Basturs" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 Generalitat de Cataluña (ed.). "Estanys de Basturs" (PDF). Fitxes descriptives de zones humides. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2013. Consultado o 22 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lagoas de Basturs |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina dos espazos naturais de LleidaArquivado 08 de novembro de 2015 en Wayback Machine. (en catalán)