Lalsangzuali Sailo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1949 India |
Morte | 14 de outubro de 2006 (57 anos) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, escritora, poetisa, compositora de cancións, historiadora |
Instrumento | Voz |
Premios | |
Lalsangzuali Sailo, nada en Thingsai o 15 de maio de 1949 e finada o 14 de outubro de 2006, foi unha escritora, compositora e cantante do estado indio de Mizoram.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na escola do convento de San Xoán Bosco en Cherrapunji e logo maxisterio nunha institución católica de Shillong.[1] Tamén realizou o doutoramento en literatura mizo.[2]
Sailo é autora de 17 libros e tres folletos. En 1999 gañou o premio anual da Academia de Literatura Mizo cun libro sobre un loitador da liberdade mizo, Tlawm ve lo Lalnu Ropuiliani.[3] En Thuthulung Thar Hmeichhiate trata sobre as mulleres do Novo Testamento e en Sakhming Chul Lo traza a historia da poetisa Khuangthli. Escribiu máis de 300 cancións, en mizo, kokborok e inglés,[2] principalmente devocionais, amorosas e patrióticas. En 1998 Goberno da India outorgoulle o cuarto recoñecemento civil máis alto, o Padma Shri.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Lalsangzuali Sailo". indiaonline.in. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2017. Consultado o 08 de outubro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Ramaṇikā Guptā (2006). Indigenous Writers of India: North-East India. p. 167. ISBN 9788180693007.
- ↑ "Mizo Academy of Letters". Thartea Room. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 08 de outubro de 2016.
- ↑ "MINISTRY OF HOME AFFAIRS (Public Section) Padma Awards Directory (1954-2013)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de novembro de 2014. Consultado o 08 de outubro de 2016.