Lamiales
Lamiales | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Borago officinalis | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
|
As Lamiales son unha orde de plantas dicotiledóneas. Anteriormente denominábanse con máis frecencia Scrophulariales, mais dado que tanto a familia Lamiaceae como Scrophulariaceae foron clasificadas dentro do mesma orde polos taxónomos cladistas, é posible utilizar ambas as nomenclaturas. Con todo, na nomenclatura cladista o clado lamioide é máis basal que o scrophularioide, razón pola que o APG e moitos taxonomistas consideran lamiales o nome máis correcto desta orde.
Segundo o antigo Sistema de Cronquist de clasificación, as lamiales incluían as familias Lamiaceae, Verbenaceae e Lennoaceae. Moitas das familias listadas debaixo incluíanse na orde Scrophulariales. A inclusión de todas elas en lamiales é típica das modernas clasificacións.
Familias
[editar | editar a fonte]As especies desta orde amosan típicamente as seguintes características:
- As flores teñen corolas bilabiadas, simétricas e bilaterais.
- Cinco pétalos.
- Ovario súpero composto por dous carpelos fusionados.
Existen ao redor de 11.000 especies, divididas en 10 ou máis familias:
- Familia Lamiaceae
- 200 xéneros e 3.200 especies (segundo Gleason & Cronquist) clasificados nesta orde polos cladistas.
- Familia Verbenaceae
- Familia Scrophulariaceae
- Ao redor de 190 xéneros e 4.000 especies. Segundo APG esta familia será redefinida para incluír Buddlejaceae e Myoporaceae e excluír varios outros membros que serán asignados a Calceolariaceae, Orobanchaceae, Paulowniaceae, Phrymaceae e Plantaginacea.
- Familia Myoporaceae
- 3 xéneros.
- Familia Orobanchaceae
- 5 xéneros. Utilizada para ser incluída en Scrophulariaceae.
- Familia Acanthaceae
- Ao redor de 250 xéneros e 2.500 especies.
- Familia Avicenniaceae
- Familia Bignoniaceae
- Familia Boraginaceae
- Familia Byblidaceae.
- Familia Carlemanniaceae
- Familia Gesneriaceae
- Ao redor de 140 xéneros e 2.500 especies.
- Familia Calceolariaceae
- Familia Martyniaceae.
- Familia Pedaliaceae.
- 17 xéneros.
- Ao redor de 100 xéneros e 800 especies.
- Familia Lentibulariaceae.
- Familia Oleaceae (familia do oliveira)
- ao redor de 25 xéneros e 600 especies. En ocasións atópase nas Gentianales.
- Familia Plantaginaceae (familia do plantago e das verónicas), (inclúe a anterior Globulariaceae).
- Familia Paulowniaceae.
- Familia Plocospermataceae.
- Familia Phrymaceae.
- Familia Schlegeliaceae
- Familia Stilbaceae
- Familia Tetrachondraceae
- Familia Tetrachondraceae
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lamiales |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lamiales |