Lanterna (arquitectura)
A lanterna en arquitectura é a estrutura en forma de torre colocada sobre unha cúpula, que mediante ventás permite a iluminación e a ventilación no interior do edificio.
De planta circular o poligonal, ábrese ao interior directamente sobre a cúpula, sen nivel de base que a sosteña. A súa función é dar luz á cúpula, a través de paredes verticais sobre as que se abren fiestras; por esta razón, e pola súa semellanza na forma, reciben o nome de "lanterna". Unha segunda función era, pola tendencia do aire quente a subir, a de tiro de cheminea sacando a calor e o fume das candeas da bóveda.
Sobre a parte superior da lanterna instálanse habitualmente, en edificios de tipo relixioso, unha cruz, símbolo do cristianismo.
A partir do Renacemento, cando se descubriu a técnica para construír as cúpulas, os artistas comezaron a pensar formas e solucións orixinais para as lanternas, dándolles a máxima importancia como elementos distintivos que se destacan no ceo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lanterna |