Saltar ao contido

Lar (Buenos Aires)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lar
PaísArxentina
LugarBuenos Aires
Lingualingua castelá e lingua galega
Fundación1934
Última edición1963
Circulación
Frecuencia30 días
editar datos en Wikidata ]

LAR[1][2] foi unha revista primeiramente bimensual (despois trimestral e finalmente anual) da Asociación Galega de Beneficencia e Mutualidad, adscrita ao «Hospital Gallego» de Buenos Aires (1934-1963).

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Tivo personalidade xurídica por Superior Decreto de 25 de setembro de 1935, estando inscrita no Rexistro Nacional de Mutualidades baixo o número 19, e no Rexistro da Propiedade Intelectual co número 346.294.

Esta revista, na que colaboraron ilustres personalidades arxentinas e galegas, «nace coa gratísisma misión de difusión cultural», o que lle mereceu os máis cálidos eloxios da prensa internacional. Estivo dirixida por Roxelio Rodríguez Díaz, ao que sucederon Manuel Roel e Ramón D. Villar. Ofrecía información sobre a sociedade e as súas actividades e tamén prestou moita atención á literatura publicando colaboracións dos intelectuais máis destacados.

Colaboradores

[editar | editar a fonte]
  1. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada: LAR Publicación que estivo saíndo á rúa dende 1934 ata, polo menos, o ano 1963 en Bos Aires (arxentina)...
  2. Enciclopedia Galega Universal: Lar PUBLIC Publicación editada en Bos Aires a partir de 1934, e que cesou a súa edición ó redor de 1963...

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]