Saltar ao contido

Lara Domínguez Araújo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLara Domínguez Araújo

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
EducaciónUniversidade de Vigo
Universidade Autónoma de Barcelona
Universidade de Lisboa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata

Facebook: lara.dominguezaraujo Dialnet: 4288846 Editar o valor en Wikidata


Lara Domínguez Araújo, coñecida como Lara do Ar,[1] nada en Vigo o 25 de marzo de 1979, é unha profesora, tradutora e poeta galega.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Tradución e interpretación pola Universidade de Vigo, doutora en Tradución e Estudos Interculturais cunha tese sobre a avaliación para a aprendizaxe da interpretación na Universidade Autónoma de Barcelona, posgrao en interpretación de conferencias pola Universidade de Lisboa.[3]

Intérprete, tradutora e profesora axudante da Universidade de Vigo.[4] Comezou no recitado ao vivo nas Arroutadas Poéticas en 2000, participou en Hostia en verso e fixo slams e nova regueifa feminista nos anos dez. Ten publicados poemas e traducións en Dorna, Madrygal e o colectivo A3.

Ten colaborado en Viceversa. Revista galega de tradución e en varias obras colectivas.[5] Participou no proxecto EACT sobre Avaliación na Adquisición da Competencia Tradutora coordinado pola UAB.[6] Tamén é Experta en Lingua Oral para os Medios de Comunicación (USC) e especialista en Dobraxe (Uvigo).

Tradución

[editar | editar a fonte]
  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: l". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-03-16. 
  2. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-16. 
  3. "Domínguez Araújo, Lara". Facultade de Filoloxía e Tradución (en castelán). Consultado o 2023-03-16. 
  4. "Lara Domínguez Araújo Universidade de Vigo". www.uvigo.gal (en castelán). Consultado o 2023-03-16. 
  5. "Lara Domínguez Araújo". Dialnet (en castelán). Consultado o 2023-03-16. 
  6. "Lara Domínguez Araújo". Limiares. Consultado o 2023-03-16. 
  7. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-16. [Ligazón morta]