Gaivota polar
Gaivota polar | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar adulto | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Larus glaucoides Meyer, 1822 | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
L. g. glaucoides Meyer, 1822 |
A gaivota polar[2][3] (Larus glaucoides) é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Características
[editar | editar a fonte]Gaivota grande semellante á Gaivota hiperbórea. O corpo é branco con ás grises de ton pálido. A cabeza e a cola presenta manchas agrisadas. Peteiro amarelo cun pequeno sinal vermello na parte inferior. As patas son alaranxadas.[4]
Distribución
[editar | editar a fonte]Cría en Groenlandia e no norte do Canadá, esporadicamente en Islandia[4]. A maior parte da súa poboación inverna na costa oriental Norteamericana, dende Terra Nova ata Florida[5]. Algúns individuos chegan ós grandes lagos e a zonas interiores dos Estados Unidos. É ocasional nas Illas Británicas e nas costas do Mar do Norte, Escandinavia e costa norte de Francia.[5] Moi rara nas costas do Mar Cantábrico e o noroeste da Península Ibérica[5]. Ausente do sur de Europa[5].
En Galicia
[editar | editar a fonte]Invernante accidental nas costa da provincia da Coruña, sobre todo exemplares xuvenís e entre xaneiro e marzo[5]. Existen citas históricas entre os meses de outubro e marzo na provincia de Pontevedra, mais ningunha delas homologada[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Butchart, S.; Symes, A. (2012). "Larus glaucoides". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2012: e.T22694346A39183818. Consultado o 4 May 2016.
- ↑ Xosé M. Pernas Patiño, Carlos Pedreira López, Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. p. 250.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 15 de xullo de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Paterson, Andrew M (1997). Lynx Edicions, ed. Las aves marinas de España y Portugal. ISBN 84-87334-21-0.
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |