Látidos
Látidos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Lates calcarifer | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xénero | |||||||||||||
Os Látidos ou percas (Latidae) son unha familia de peixes mariños ou de río, incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por ríos de África e polos océanos Índico e Pacífico.
Moitas especies desta familia teñen unha notable importancia pesqueira e comercial, e foron introducidas en ríos e lagos fóra das súas áreas nativas para fornecer a pesca deportiva. En particular, a perca do Nilo compórtase como un fero depredador, polo que a súa introdución nalgúns ecosistemas acuáticos provocou a extinción de moitas outras especies autóctonas.
Clasificación
[editar | editar a fonte]
Ata o ano 2004 as especies desta familia estaban encadradas na familia Centropomidae, pero a raíz dos estudos que demostraron que no estaban emparentadas con esta familia creouse a familia Latidae.
Clasificación
[editar | editar a fonte]
Comprende tres xéneros:
- Xénero Hypopterus (Gill, 1861)
- Xénero Lates (Cuvier en "Cuvier y Valenciennes", 1828)
- dentro deste xénbero, o Lates niloticus (Linnaeus, 1758) ou perca do Nilo.
- Xénero Psammoperca (Richardson, 1848)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Látidos ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Látidos |