Latino Salgueiro Pereira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1878 ![]() Vilaza, España ![]() |
Morte | 21 de outubro de 1961 ![]() Gondomar, España ![]() |
![]() | |
marzo de 1938 – valor descoñecido ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico, político ![]() |
Latino Salgueiro Pereira, nado en Vilaza (Gondomar) cara a 1878 e finado no mesmo concello o 21 de outubro de 1961, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1905.[1] Instalado en Gondomar ao ano seguinte, foi despois médico municipal do concello. Foi xuíz municipal de Gondomar en 1910, renunciando ao cargo en 1913.[2] Foi nomeado alcalde de Gondomar en marzo de 1938.[3] Finou en Gondomar con 83 anos.[4]
Predecesor: ? |
![]() Alcalde de Gondomar 1938 - ? |
Sucesor: ? |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Unha praza de Gondomar leva o seu nome dende 1962.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1906 con Dolores Espinosa Rodríguez,[6] que finou en 1923.[7] Casou en segundas nupcias con María Magdalena Espinosa Rodríguez. Foi pai de Ramón (médico), Dolores (Relixiosa), José Antonio (farmacéutico), Alfonso (empresario), Sergio (practicante e mestre), Teresa , Emilio (médico) do primeiro matrimonio, e de Aureliana (farmacéutica) e Latino Salgueiro Espinosa (fundador do Cine Imperial da Ramallosa) do segundo.