Laureano Amboage Quiñoy
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 Santiso, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | político, pirotécnico |
Laureano Amboage Quiñoy, nado en Santiso cara a 1905, foi un pirotécnico galego
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pirotécnico veciño de Visantoña. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela pola causa 1195/36 o 17 de abril de 1937 xunto con Ricardo Vázquez Gómez, Jesús Rodríguez Vázquez, José Antúnez Barros e Julián Albor Souto, acusados do delito de rebelión, o fiscal pediu a pena de morte para Laureano e Ricardo Vázquez e reclusión perpetua para os outros.[1][2] Finalmente só Ricardo Vázquez foi condenado a morte e Laureano foi condenado a cadea perpetua. Cumpriu condena na Prisión Provincial da Coruña, da que saíu en liberdade provisional en 1941.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Eco de Santiago, 17-4-1937, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-4-1937, p. 11.
- ↑ BOE, 18-7-1941, p. 5371.