Saltar ao contido

León Esteban San Miguel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeón Esteban San Miguel
Biografía
Nacemento21 de abril de 1904 Editar o valor en Wikidata
Lekeitio, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1995 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Bispo titular
31 de maio de 1976 –
Diocese: Rusubbicari (en) Traducir
Vigairo apostólico
31 de maio de 1976 –
Administrador apostólico
17 de marzo de 1966 –
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1976–), sacerdote católico (1928–) Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Carmelitas Descalzos Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónJean Rupp (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Víctor de Santa Teresa, OCD, de nome secular León Esteban San Miguel Erce,[1] nado en Lekeitio, Biscaia, o 21 de abril de 1904 e finado o 4 de abril de 1995, foi un bispo católico e relixioso carmelita descalzo que por 15 anos exerceu de ordinario da vigairía apostólica de Kuwait.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceuo en Lekeitio en 1904, fillo de Vicente San Miguel e Paulina Erce. Logo de estudar en Villafranca, Navarra, comezou o noviciado na Orde dos Carmelitas Descalzos, onde profesou o 28 de xullo de 1921, tomando o nome de Víctor de Santa Teresa.

Estudou tres anos de filosofía (1922-1925) en Vitoria, e tres de teoloxía no Carmelo de Begoña (1925-1928). Recibiu a orde sacerdotal o 1 de xuño de 1928 en Vitoria, Áraba, e en outubro dese ano foi destinado á India, onde cursou os estudos eclesiásticos no Seminario de Puthempally até 1929. Aprendeu a lingua local e exerceu como profesor de socioloxía no mesmo, até 1966. Chegou a ser superior dos carmelitas no estado de Kerala.[3]

O 17 de marzo de 1966 a Santa Congregación para a Propagación da Fe elixiuno como administrador apostólico da vigairía de Kuwait, logo da renuncia de Ubaldo Stella.

O 31 de maio de 1976 foi elixido vigairo apostólico de dita sé, e foi consagrado bispo o 16 de xullo de 1976, como bispo titular de Rusubbicari. Exerceu este cargo até o 5 de novembro de 1985. Retirouse á India, onde seguiu a traballar até a súa morte o 4 de abril de 1995.

  • A manual of Christian sociology (Alwaye, 1947)
  • La India y sus problemas (Donostia, 1951)
  • Mater et Magistra in India (Alwaye, 1963)
  • Christians in Kuwait (Beirut, 1970)
  • Kerala Adios (Kuwait, 1978)
  • Misioneros memorables (Vitoria, 1980)
  • Back to the Indian mission (Vemsur, 1984)
  • Three Century Kerala Carmelite Mission, 1956-1975 (Vemsur, 1986)

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]
  1. As veces aparece citado como Víctor Sanmiguel ou Víctor León Esteban San Miguel y Erce.
  2. Urkiza, p. 483.
  3. ABC do 19 de xuño de 1976 (Hemeroteca)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ubaldo Teofano Stella
 Vigairo apostólico de Kuwait 
1976 - 1981
Sucesor:
Francis George Adeodatus Micallef
Predecesor:
José da Silva Chaves
 Bispo titular de Rusubbicari 
1976 - 1995
Sucesor:
Douglas William Young