Leónidas (choiva de meteoros)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Leónidas.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/50/Leonid_meteor_shower_as_seen_from_space_%281997%29.jpg)
As Leónidas son unha chuvia de meteoros que se produce cada ano entre o 15 e o 21 de novembro, alcanzando un máximo o día 18.
Cada 33 anos as Leónidas amosan un pico de actividade xa que o po do cometa Tempel-Tuttle (o corpo que as produce) non está repartido homoxeneamente ao longo da súa órbita. En anos normais, as Leónidas producen taxas da orde de 10-15 meteoros por hora.
Denison Olstead, mestre da Universidade Yale, observou que os trazos dos meteoros parecían provir da constelación de Leo, de aí o seu nome. A cor destes meteoros é xeralmente avermellada, deixando con frecuencia unha estela de cor verde que persiste durante uns poucos segundos.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leónidas ![]() |