Leandro Pita Sánchez-Boado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Ortigueira, España |
Morte | 10 de novembro de 1926 |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Leandro Pita Romero |
Pai | Leandro Pita Lamas |
Leandro Pita Sánchez-Boado, finado en Ortigueira o 10 de novembro de 1926[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Leandro Pita Lamas. Pasou os primeiros anos na Coruña. Casou en Ortigueira e instalouse nesa vila. Dedicouse á renovación do Pazo do Souto para convertelo nunha granxa agrícola experimental e en parada de touros sementais suízos. A finais de 1898 dirixiu a Revista Ortegana, de periodicidade semanal e en 1912 fundou La Opinión de Ortigueira. Colaborou en A Nosa Terra e escribiu e estreou algunha obra de teatro. Fundou a Federación Agraria de Ortigueira.
Foi delegado de honra do Comité representativo de las Sociedades Gallegas de Instrucción da Habana, como tal defendeu un relatorio na VII Asemblea Agraria na Coruña en 1919. Tamén participou no II Congreso Regional Agrario celebrado na Coruña en 1924.
Foi pai de Leandro Pita Romero.
Obras
[editar | editar a fonte]- La Voz de la Raza. (Idearium de un aldeano), Madrid, 1919.
- El agro gallego, Ortigueira, 1922 (inédito).