Leboreiro, Seoane Vello, Montederramo
Leboreiro | |
---|---|
Parroquia | Seoane Vello |
Concello | Montederramo |
Coordenadas | 42°18′54″N 7°31′35″O / 42.314920955947, -7.5265119326263 |
Poboación | 13 hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Leboreiro é un lugar da parroquia de Seoane Vello, pertencente ó concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o Instituto Galego de Estatística[1], en 2015 tiña trece habitantes (sete homes e seis mulleres).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Pertence ao partido xudicial da Pobra de Trives. Dista 38 km de Ourense, 6 km de Montederramo, 12 km de Castro Caldelas e 34 km da Pobra de Trives. Pódese acceder a Leboreiro pola OU-536 desde Montederramo e desde Celeiros capital do concello de Chandrexa de Queixa. No río Mao está o encoro de Leboreiro, e do outro lado do encoro está Vilariño Frío. Na aldea hai un castro sen escavar.
A economía de Leboreiro baséase na gandería e na agricultura.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Seoane Vello
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Seoane Vello no concello de Montederramo (Ourense) | |
---|---|
A Caseta | A Castiñeira | A Graña de Seoane | Leboreiro | Praducelos |
Parroquias de Montederramo
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 25 de abril de 2021.