Lei Paz-Andrade
Lei Valentín Paz-Andrade | |
---|---|
Data | 24 de marzo |
Localización | DOG n.º 68 de 8/4/2014 |
Signatarios | Unanimidade do Parlamento de Galicia |
A Lei nº 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, máis coñecida como Lei Valentín Paz-Andrade, é unha lei do Parlamento de Galiza.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Nacida da Iniciativa lexislativa popular Valentín Paz-Andrade, da que se toma o nome co que máis comunmente se coñece a lei, é un instrumento normativo que pretende estreitar os lazos de Galiza e a variedade galega da lingua portuguesa co resto de variedades da lingua portuguesa e dos países onde é oficial.[2] A iniciativa popular, apoiada especialmente por sectores reintegracionistas da sociedade, leva o nome do economista, xurista e escritor galego Valentín Paz-Andrade, ilustre defensor do achegamento entre a norma escrita galega e portuguesa,[3] quen foi observador no Acordo Ortográfico de 1990.
Cando foi enviada ao Parlamento en 2012, a iniciativa contou con 17.000 sinaturas e foi aprobada por unanimidade en 2014.[2][4]
En 2022 o goberno da Xunta e a oposición valoraron a súa aplicación, discrepando nos obxectivos acadados.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lei do DOG nº 68 do 2014/4/8 - Xunta de Galicia". Diario Oficial de Galicia. 8/4/2014.
- ↑ 2,0 2,1 "Galiza aprovou proposta popular para potenciar utilização do português". Jornal de Notícias (en portugués). 14/5/2013.
- ↑ "Valentim Paz-Andrade, pioneiro do reintegracionismo e do Acordo Ortográfico". academiagalega.org. 20/5/2012. Arquivado dende o orixinal o 29/11/2020. Consultado o 13/1/2023.
- ↑ "O Parlamento de Galicia aproba a Lei Valentín Paz-Andrade". Consello da Cultura Galega. 12/3/2014.
- ↑ "A Lei Paz Andrade, unha oportunidade para o galego que fica aínda no caixón". La Voz de Galicia. 22/3/2022. Consultado o 13/1/2023.