Saltar ao contido

Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas (en castelán: Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas; en maia iucateco: Noj A'almaj T'aanil u Páajtalil u T'a'anal Máasewal T'aano'ob)[1] publicouse o 13 de marzo de 2003[2] durante o mandato do presidente mexicano Vicente Fox Quesada.[3] Esta lei levou á creación do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas.[4]

Esta lei é un elemento xurídico que especifica o recoñecemento dos dereitos individuais e colectivos das persoas e pobos que posúen e practican algunhas das 68 linguas indíxenas de México . Ademais, especifica que deben entenderse por linguas indíxenas e linguas nacionais, as condicións de aplicación do decreto e os atributos, fins e funcións do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas. A lei tamén considera que as linguas indíxenas son parte integrante do patrimonio cultural e lingüístico nacional de México.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "NOJ A'ALMAJ T'AANIL U PÁAJTALIL U T'A'ANAL MÁASEWAL T'AANO'OB ICH MAAYA YÉETEL KÁASTLAN T'AAN" (PDF). 
  2. Lang, 2008; p.115
  3. "Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas", Diario Oficial da Federación, México, 13 de marzo de 2003. Última reforma publicada DOF 20-06-2018.
  4. 4,0 4,1 "Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas" (PDF) (en castelán). 2003. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 3 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]