Saltar ao contido

Leis ponderais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lei das proporcións múltiplas»)

As leis ponderais son o resultado dunha serie de experimentos levados a cabo por unha serie de científicos a finais do século XVIII e principios do XIX. Estas leis reciben o nome de leis ponderais debido a que a propiedade da materia que se medía era o peso; é dicir, medíase o peso dos reactivos e os produtos dunha reacción química.

Lei da conservación da masa

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Lei da conservación da masa.

Esta primeira lei, enunciada por Antoine Lavoisier no 1789, limítase a establecer que

en toda reacción química a suma das masas dos reactivos é igual á suma das masas dos produtos.

Lei das proporcións definidas

[editar | editar a fonte]

Esta segunda lei, establecida por Louis Proust no 1799 di que

cando dous ou máis elementos químicos se combinan entre si para formar un determinado composto, fano sempre nunha proporción ponderal fixa, independentemente de como se obteña dito composto.

Por exemplo, o xofre e mailo azucre son dous elementos constituíntes do composto denominado ácido sulfúrico, e cúmprese que, independentemente do método de obtención de dito ácido, por cada gramo de azucre hai sempre dous gramos de osíxeno (falamos de compostos puros).

Lei das proporcións múltiplas

[editar | editar a fonte]

Esta terceira lei, menos coñecida, que foi enunciada por John Dalton antes de propor a súa teoría atómica, establece que

cando dous elementos reaccionan entre si para dar lugar a máis dun composto, as diferentes cantidades dun deles que reaccionan cunha cantidade fixa do outro, fano nunha relación de números enteiros e sinxelos.

Por exemplo, cando se combinan carbono e máis osíxeno para dar dous óxidos distintos. Nun caso, a formación de CO, 20 gramos de osíxeno requiren 15 gramos de carbono; noutro, a formación de CO2, é necesaria dobre masa de osíxeno para a mesma masa de carbono, 15 gramos. A relación entre as masas de osíxeno é un número sinxelo: 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]