Lei de Moore
A lei de Moore expresa que aproximadamente cada 2 anos duplícase o número de transistores nun microprocesador.
A pesar de que a lei orixinalmente foi formulada para establecer que a duplicación produciríase cada ano,[1] posteriormente Moore redefiniu a súa lei e ampliou o período a dous anos.[2] Trátase dunha lei empírica, formulada polo logo cofundador de Intel, Gordon E. Moore, o 19 de abril de 1965, que se foi cumprindo até mediados da década de 2010.[1][2][3] En setembro de 2022 o CEO de Nvidia, Jen-Hsun Huang comentou que a lei xa non tiña vigor actualmente, aínda que o CEO de Intel, Pat Gelsinger, opinaba que aínda seguía en vixencia.
En 1965, Gordon Moore afirmou que a tecnoloxía tiña futuro, que o número de transistores por unidade de superficie en circuítos integrados íase duplicar cada ano e que a tendencia continuaría durante as dúas décadas seguintes.[1]
Máis tarde, en 1975, modificou a súa propia lei ao corroborar que o ritmo baixaría, e que a capacidade de integración non se duplicaría cada 12 meses, senón cada 24 meses aproximadamente.[4] Este período cítase ás veces equivocamente como 18 meses debido ao executivo de Intel David House, quen predicía que o desempeño do chip duplicaríase cada 18 meses (sendo unha combinación do efecto de incorporar máis transistores e de que estes son máis rápidos).[5] Esta progresión de crecemento exponencial, duplicar a capacidad dos circuítos integrados cada dous anos, é lo que se denomina lei de Moore. Con todo, o propio Moore en 2007 determinou unha data de caducidade: «A miña lei deixará de cumprirse dentro de 10 ou 15 anos»,[6] segundo asegurou durante unha conferencia na que afirmaba, tamén, que unha nova tecnoloxía virá a substituír a actual.[7]
En 2010, a International Technology Roadmap for Semiconductors predixo que este crecemento ralentizaríase en 2013, e en 2015 Gordon Moore volveu a predicir que a taxa chegaría ao límete na próxima década. O estancamento da Lei de Moore é unha consecuencia do límite físico da tecnoloxía actual. Ao aumentar a densidade de transistores aumenta a calor xerada para un mesmo volume. Polo tanto non é posible extraer a calor suficientemente rápido sen risco a sobrequentar e danar o microprocesador.[8] Ademais, normalmente os transistores fanse cada vez máis pequenos para aumentar a cantidade destes nos chips, sen cambiar o tamaño destes últimos, o cal ten un límite físico imposto polo tamaño dos propios átomos.
A consecuencia directa da lei de Moore é que os prezos baixan ao mesmo tempo que as prestacións aumentan: a computadora que hoxe vale un prezo, custará a metade ao ano seguinte e estará obsoleta en dous. En 26 anos o número de transistores nun chip incrementouse 3200 veces.
Actualmente esta lei aplícase a ordenadores personais e teléfonos móbiles. Aínda así, cando se formulou non existían os microprocesadores, inventados en 1971, os ordenadores personais, popularizados nos anos oitenta e a telefonía móbil aínda estaba en fase de experimentación.
Historia
[editar | editar a fonte]No momento de escribir o artigo que orixinou a súa lei en 1965, o enxeñeiro Gordon Moore era director dos laboratorios de Fairchild Semiconductor. Observou unha tendencia nos primeiros días da microelectrónica que definiu a estratexia de negocios para a industria dos semicondutores. Esta observación, máis tarde denominada lei de Moore, anticipou que a complexidade dos circuítos integrados duplicaríase cada ano cunha redución mensurable en custo. Máis tarde, no verán de 1968, Gordon E. Moore fundou Intel xunto con Robert Noyce, un do seus compañeiros na empresa.
Este ritmo de progreso permitiu á industria de semicondutores de recente aparición crear o microprocesador (o cerebro do ordenador) e moitos outros circuítos integrados que deron lugar aos ordenadores personais, Internet, aos teléfonos móbiles, os reprodutores de CD e DVD, as tabletas, os videoxogos...
Análise para memorias (reparos)
[editar | editar a fonte](Indicadas por Gordon Bell na súa presentación de «Computing laws») Segundo a lei de Moore:
- 1980 : 64 K bits
- 1983 : 256 K bits
- 1985 : 1 Megabit
- 1987 : 4 Megabits
- 1990 : 16 Megabits
- 1993 : 64 Megabits
- 1996 : 256 Megabits
- 1999 : 1 Xigabit
...
- 2005 : 2 Xigabits
Outras aplicacións
[editar | editar a fonte]O éxito da lei de Moore fixo que o seu nome se xeneralizase para outras aproximacións exponencias relacionadas coa informática, como o prezo, ou mesmo, xa nos anos dez do dous mil, o consumo enerxético dos sitemas de intelixencia artificial.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Moore, Gordon E. (1965): «Cramming more components into integrated circuits» Copia arquivada en Wayback Machine, artigo en inglés na revista Electronics, volume 38, n.º 8; 19 de abril de 1995. Publicado na páxina web Web Eng FIU.edu.
- ↑ 2,0 2,1 «Excerpts from “A conversation with Gordon Moore”: Moore’s law”», artigo en inglés na revista Intel de 2005.
- ↑ "1965 - “Moore's Law” Predicts the Future of Integrated Circuits" (html). Computer History Museum. Consultado o Novembro de 2007.
- ↑ Moore, G. E.: «Progress in digital integrated electronics», artigo no encontro IEEE International Electron Devices Meeting, IEDM Technical Digest, 1975, páxs. 11-13.
- ↑ "Moore's Law to roll on for another decade" (en inglés).
Moore also affirmed he never said transistor count would double every 18 months, as is commonly said. Initially, he said transistors on a chip would double every year. He then recalibrated it to every two years in 1975. David House, an Intel executive at the time, noted that the changes would cause computer performance to double every 18 months. House actually came close. Computer power is doubling around every 20 months. Nonetheless, "House said 18 months, not me," Moore said.
- ↑ «Mi ley dejará de cumplirse dentro de 10 o 15 años» Copia arquivada en Wayback Machine, artigo en español na páxina web The Inquirer, do 19 de setembro de 2007.
- ↑ Sobre a lei de Moore, artigo en inglés no suplemento de Tecnoloxía do diario Times (Londres).
- ↑ "Qué impacto tiene tu PC en el medio ambiente". Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2019.
- ↑ Naughton, John (2019-11-16). "Can the planet really afford the exorbitant power demands of machine learning? John Naughton". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-11-20.
----
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |