Leite Noso
Leite Noso | |
---|---|
Tipo | Sociedade de responsabilidade limitada |
Data de fundación | 28 de agosto de 2015 |
Presidente/a | Patricia Sánchez Lorenzo (2015-) |
Localización | |
Enderezo | Rúa República Checa 52 - P.E. Costa Vella, 15707 |
En | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.deleite.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Leite Noso é unha sociedade limitada de gandeiros galegos, constituída o 28 de agosto de 2015, para recoller e distribuír leite no mercado de xeito directo.
Historia
[editar | editar a fonte]A sociedade foi constituída en agosto de 2015 cun capital de 3000 euros. Esta domiciliada no polígono industrial Costa Vella en Santiago de Compostela e presidida por Patricia Sánchez Lorenzo.
En setembro adxudicouse nunha poxa, por 670000 euros, as marcas Deleite e Muuu, da extinta compañía Alimentos Lácteos.[1] Para distribuílas, a empresa conta cun acordo de subministración de leite crú coa organización de produtores Ulega, constituída por máis de 2.000 gandeiros. E para o envasado, con outro con Logística Alimentaria, a propietaria da antiga planta de Alimentos Lácteos en Outeiro de Rei.[2]
En canto a imaxe corporativa, é de destacar o compromiso de Leite Noso coa lingua e a cultura galega.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galego, Campo (2015-09-18). "Leite Noso faise coas marcas comerciais de Alimentos Lácteos". Campo Galego. Consultado o 2022-05-06.
- ↑ Galego, Campo (2015-09-19). "Gandeiros galegos envasarán coas marcas Deleite e Muuu". Campo Galego. Consultado o 2022-05-06.
- ↑ "Coa cultura". www.deleite.gal. Consultado o 2022-05-09.