Lena Louarn
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1950 (74 anos) Villeneuve-Saint-Georges, Francia |
Regional council member of Brittany (en) | |
13 de decembro de 2015 – Lexislatura: mandature 2015-2021 des régions de France (en) Circunscrición electoral: Ille e Vilaine | |
Actividade | |
Ocupación | activista, política, pensionista |
Familia | |
Fillos | Bleunienn Jegou-Louarn, Glenn Jegou |
Pai | Alan Louarn |
Irmáns | Tangi Louarn Malo Louarn |
Premios | |
|
Lena Louarn, nada o 13 de agosto de 1950 en Villeneuve-Saint-Georges, no departamento de Val do Marne, é unha militante e personalidade política bretoa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Filla de Alan Louarn e de Noela Olier, foi educada en bretón xunto cos seus nove irmáns e irmás, entre os que destacan Tangi Louarn e Malo Louarn. En 1962, a familia volta a Bretaña, onde o seu pai crea a oficina de información Brudañ ha Skignañ, en Roazhon.
Vida política
[editar | editar a fonte]En 1994 presentouse ás Eleccións ao Parlamento Europeo nas listas da federación de partidos Rexións e Pobos Solidarios de Max Simeoni, e en 2010 foi na lista de La Bretagne Solidaire, Créative Et Responsable de Jean-Yves Le Drian.
Promoción da lingua bretoa
[editar | editar a fonte]En 1971 uniuse á organización Skol An Emsav (centro de ensino para adultos en lingua bretoa), cuxos membros contribuíron posteriormente á creación das escolas Diwan. Ela mesma foi cofundadora da escola Diwan en Roazhon en 1978.
Tamén foi presidenta da Ofis ar Brezhoneg (Oficina da lingua bretoa en galego), directora da revista mensual en bretón Bremañ e coordinadora do Consello Cultural da Bretaña. No ano 2000 foi galardoada pola Orde do Armiño. Tras varios anos presidindo a Skeudenn Bro Roazhon (federación de asociacións bretoas no Bro Roazhon), no 2010 presentouse polo departamento de Finistère polo partido de Jean-Yves Le Drian. Dende entón é Conselleira Rexional e Vicepresidenta do Consello Rexional da Bretaña a cargo da lingua bretoa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha biográfica en Bretagne.frArquivado 01 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
- Lena Louarn en Agencebretagnepresse.com[Ligazón morta] (en francés)
- Lena Louarn en Ouest-france.fr (en francés)